Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico
política española / From Wikipedia, the free encyclopedia
Sabela de Portugal, nada en Lisboa o 24 de outubro de 1503 e finada en Toledo o 1 de maio de 1539,[1] foi filla do rei Manuel I e da raíña María de Aragón. Alcumabana "belísima", como proba o retrato pintado por Tiziano. Morreu de sobreparto, no Palacio de Fuensalida, en Toledo, estando sepultada no Panteón do Escorial.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Era irmá de Xoán III e do Cardeal-Rei Henrique. Intelixente e culta, creada no esplendor da máis rica corte europea do seu tempo, en Lisboa, na educación da emperatriz participaron tamén, por influencia de súa nai, Beatriz Galindo, la Latina e o humanista Luis Vives. Foi longamente rexente en nome de Carlos V, entre 1528 e 1533, primeiro, e de 1535 a 1538 novamente, mentres o marido se ausentou, en guerra.
Alén diso, tivo moita importancia en relación á educación do seu primoxénito, que viría a ser Filipe II de Habsburgo, de lingua materna portuguesa, creado e educado polas damas portuguesa de súa nai durante a infancia.