Río Adaja
From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Adaja é un río de Castela e León, o segundo afluente máis importante do río Douro pola súa marxe esquerda despois do río Tormes. Nace entre La Serrota e a serra de Ávila, concretamente na chamada Fonte Berroqueña ou Fonte do Ortigal (Villatoro, Ávila). Ten unha lonxitude de 163 km e drena unha conca de 5.328 km².
Datos rápidos País, Nacemento ...
Río Adaja | |
---|---|
País | España |
Nacemento | Fuente Berroqueña, Villatoro (Ávila) |
Lonxitude | 163,5 km |
Conca | 5.328 km² |
Caudal medio | 11,11 m³/s |
Desembocadura | Río Douro |
Pechar
A ribeira do Adaja recibiu a catalogación como Lugar de importancia comunitaria para a súa declaración como Zona especial de conservación (ZEC) dentro da Rede Natura 2000 da Unión Europea, por considerarse un corredor ecolóxico de primeira categoría para a fauna.[1]