Roxerio I de Sicilia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Roxerio I de Sicilia, (en italiano: Ruggero I; en árabe: رُجار, Rujār; en maltés: Ruġġieru) tamén coñecido como Roxerio I de Hauteville, nado contra 1031 en Normandía e finado o 22 de xullo de 1101 en Mileto, Italia, chamado Bosso, ou o Gran Conde, ou Jarl Rogeirr, foi o primeiro conde de Sicilia.
Fillo do nobre normando Tancredo de Hauteville, señor de Cotentín, e da súa segunda esposa Fredisenda, estableceuse no sur de Italia como vasalo do seu irmán Robert Guiscard, duque de Puglia e Calabria. Participou na reconquista de Calabria e liderou a de Sicilia, esta última baixo poder musulmán e habitada fundamentalmente por gregos ortodoxos.
En 1072, tras conquistar Palermo, en Sicilia, o seu irmán Robert investiuno como Gran Conde de Sicilia,[1] aínda que continuou sendo o seu vasalo e, despois da morte deste foino de Roxerio Borsa, fillo e sucesor de Robert.
O seu goberno caracterizouse por unha política de tolerancia étnica e relixiosa, infrecuente durante a Idade Media. Morreu en 1101 e foi sucedido polo seu fillo Simón.