Rosalind Picard
informática estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Rosalind Wright Picard, nada en Boston o 17 de maio de 1962, é unha enxeñeira informática estadounidense, fundadora e directora do Grupo de Investigación en Computación Afectiva no Media Lab do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT).[1] Tamén é codirectora do Things That Think Consortium (xunto a H. Ishii e J. Paradiso), que reúne a empresas e persoal investigador para estudar o uso da informática e as comunicacións dos computadores convencionais en obxectos cotiáns, desde xoguetes a electrodomésticos, ou melloras na condución.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1962 (61 anos) Massachusetts, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts - Doutor en Ciencias (–1991) Berry College (en) Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia |
Director de tese | Alex Pentland (pt) |
Actividade | |
Ocupación | informática teórica , profesora universitaria , enxeñeira , investigador en intelixencia artificial |
Empregador | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Andrea L. Thomaz (en) , Timothy Bickmore (en) , Ashish Kapoor (en) , Alan Qi (en) , Carson Reynolds (en) , Ming-Zher Poh (en) , Nikolaos Mavridis (en) , Alex Sherstinsky (en) , Thomas Minka (en) , Winslow Burleson (en) , Hyung-il Ahn (en) , Raul Fernandez (en) e Teresa Marrin Nakra (en) |
Premios
| |
Ademais, Picard é cofundadora de dúas empresas que comercializan tecnoloxías inventadas polo seu equipo do MIT. Con Empatica creouse o primeiro reloxo intelixente baseado en intelixencia artificial e aprobado pola Administración de Alimentos e Medicamentos (FDA), e Affectiva proporciona técnicas de intelixencia artificial para o estudo das emocións.[2] Liderou a Iniciativa sobre Tecnoloxía da Comunicación do Autismo, consistente en aplicar a robótica ao estudo dos trastornos do espectro autista (TEA).[3]