Roberto Vidal Bolaño
dramaturgo galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Roberto Ignacio Vidal Bolaño,[1] nado en Vista Alegre (Santiago de Compostela) o 31 de xullo de 1950 e finado na mesma cidade o 11 de setembro de 2002, foi un autor, director e actor de teatro galego, pioneiro da dramaturxia profesional en Galicia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xullo de 1950 Santiago de Compostela, España |
Morte | 11 de setembro de 2002 (52 anos) Santiago de Compostela, España |
Causa da morte | cancro de pulmón |
Lugar de sepultura | cemiterio de Boisaca |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor , dramaturgo , actor de teatro |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Premios
| |
Foi un dos líderes do Grupo Antroido, a primeira compañía teatral galega profesional, e con ela realizou unha gran cantidade de funcións, desenvolvendo diferentes tarefas como director, escritor, actor e iluminador, ademais de moitas outras. Escribiu preto de 30 obras de teatro e recibiu numerosos premios e recoñecementos polo seu traballo, o premio Abrente, o premio Álvaro Cunqueiro, o Rafael Dieste, o Eixo Atlántico e o Tirso de Molina, entre outros. Tamén participou en diferentes filmes e series de televisión, tanto como actor coma actor de dobraxe, axudando a dar pulo ós comezos do audiovisual galego.
No ano 2013 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.[2]