Ritmo circadiano
From Wikipedia, the free encyclopedia
Ritmo circadiano ou ciclo circadiano (do latín circa cerca + diem día) é o nome que recibe a variación das funcións biolóxicas dos diferentes seres vivos, que se repite regularmente cun período de aproximadamente 24 horas. Atópanse, por exemplo, nos patróns de actividade dos animais,[1] nos movementos foliares das plantas,[2] na organización de colonias de insectos sociais [3] e na taxa de crecemento de fungos, procesos que se repiten cada 24 horas. Os ritmos circadianos son modificados e axustados a diario polo medio, influenciados principalmente pola variación diaria da luz, temperatura,[4] mareas e ventos.
No corpo humano atópanse ritmos circadianos materiais, e tamén moitos ritmos psicolóxicos, con influencia, por exemplo, sobre a dixestión ou sono e o estado de vixilia,[5] a renovación das células e o control da temperatura corporal.[6]