Relapse
From Wikipedia, the free encyclopedia
Relapse é o sexto álbum de estudio do rapeiro estadounidense Eminem. Gravado por Interscope Records, xunto coas subsidiarias Aftermath Entertainment e Shady Records saíu á venda 15 de maio de 2009. É o primeiro álbum de estudio de Eminen desde Encore que data de 2004, finalizando así o hiato musical do artista que duraba cinco anos. Dr. Dre, produciu a maioría dos tracks do álbum e participou tamén no primeiro sinxelo "Crack a Bottle", con 50 Cent. "We Made You" foi o segundo sinxelo e tamén chegou ós primeiros postos das listas de vendas. Outros sinxelos foron "3 a.m.", "Old Time's Sake" e "Beautiful".
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Relapse | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Eminem | ||||
Gravación | 2007 - 2009 | |||
Duración | 76:06 | |||
Xénero(s) | hip hop | |||
Selo(s) | Interscope, Aftermath | |||
Producido por | Dr. Dre, Eminem, Dawaun Parker, Mark Batson, Trevor Lawrence, Doc Ish, Boi-1da | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Relapse debutou número un nas listas de álbums nos Estados Unidos, vendendo 608.000 discos na primeira semana no país e máis dun millón en todo o mundo, chegando a primeiro das listas en países como Francia, Alemaña, Reino Unido ou Australia.