Reino de Asturias
Reino de Galiza entre 718 e 925 / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Reino de Asturias ou Reino dos ástures (en latín: Regnum Asturorum) foi fundado no 718 polo nobre visigodo[1] Paio de Asturias. Foi a primeira entidade política cristiá establecida trala invasión musulmá no 718 ou 722.[2] Ese ano, Paio derrotou ao exército Omeia na batalla de Covadonga, o que tradicionalmente se considerou como o comezo da Reconquista. O reino de Asturias foi sucedido polo Reino de León no 925, cando Froila II reunificou os reinos e trasladou a capital a León.[3] O reino de Asturias foi ata a súa partición o último reino bárbaro do período das grandes migracións e considérase como o precedente histórico da Coroa de Castela e do Reino de Portugal.[4][5][6]
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde marzo de 2018) |
Reinu d'Asturies (ast) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Cangas de Onís Pravia Samartín del Rei Aurelio Oviedo | ||||
Escindido de | Reino visigodo de Toledo | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua asturiana Lingua leonesa lingua latina | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 60.000 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Fundador | Paio de Asturias | ||||
Creación | 718 | ||||
Disolución | 924 | ||||
Sucedido por | Reino de León e Reino de Galicia | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía electiva (718–842) monarquía hereditaria (842–914) | ||||
• Xefe de estado | monarca do Reino de Asturias | ||||
A carencia de fontes historiográficas que aludan a un Reino de Asturias, xunto coa narración mítica da orixe do reino,[7][8][9][10] fai que unha gran parte dos estudosos dubiden da súa mesma existencia. Para esta parte da historiografía non se esta a respectar a literalidade da documentación, a cal fai sempre referencia ao Reino de Galicia[11][12][13][14][15][16][17][18][19].
De feito, algúns dos autores que introduciron e empregaron este termo, recoñecen nas súas obras que o nome de Reino de Asturias non é correcto, pois non é o que figura en crónicas, mapas e diplomas[20][21][22][23][24].