Reiki
From Wikipedia, the free encyclopedia
Reiki[1], do xaponés reiki (霊気 ou レイキ?, poder espiritual, atmosfera misteriosa) é unha práctica pseudocientífica considerada como medicina complementaria e alternativa (CAM),[2][3][4][5], é dicir, non científica, que afirma tratar de lograr a curación ou equilibrio do paciente a través da imposición das mans do practicante, canalizando certa suposta "enerxía vital universal". As probas clínicas realizadas non atoparon ningún efecto positivo máis aló do placebo.[6] No entanto, na actualidade úsase o reiki como terapia nalgúns hospitais e clínicas, aínda que non se teñan probas da súa efectividade.[7][8][9][10][11] O reiki non é considerado unha relixión polos seus seguidores, pero, ao carecer de base científica,[6] pode ser considerado como unha crenza.
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde agosto de 2013) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2013.) |
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
En textos académicos é frecuente a aparición do reiki como exemplo ilustrativo de pseudociencia [12] [13].