Red Hat
From Wikipedia, the free encyclopedia
Red Hat, Inc. é unha empresa multinacional con sede en Estados Unidos que desenvolve produtos de código aberto e libre o sector empresarial. A compañía fundouse en 1993 e ten a súa sede principal en Raleigh, Carolina do Norte. Conta con oficinas en todo o mundo.[2]
Red Hat, Inc. | |
---|---|
Tipo | Sociedade anónima |
Fundación | 1993 |
Localización | Raleigh, Carolina do Norte, EUA |
Persoas clave | Hugh Shelton (Presidente comité de administración), Jim Whitehurst (Presidente comité executivo) |
Industria | Informática |
Produtos | Red Hat Enterprise Linux, Fedora, Red Hat Mobile Application Platform, Red Hat Directory Server, Red Hat Certificate System, Red Hat Enterprise Linux OpenStack Platform, Red Hat Satellite, JBoss Enterprise Middleware, Red Hat Enterprise Virtualization, Red Hat Storage Server, Red Hat CloudForms, Red Hat OpenShift |
Beneficio | 288,05$ dos Estados Unidos (2016) |
Beneficio operativo | 199,37$ dos Estados Unidos (2016) |
Beneficio neto | 4.155 millóns $ dos Estados Unidos (2016) |
Número de empregados | 10.250 (2016)[1] |
Na rede | |
https://www.redhat.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Red Hat adícase fundamentalmente á implantación do seu sistema operativo Red Hat Enterprise Linux, distribución Linux, e posta en funcionamento de servizos sobre desta distribución por medio da súa compañía JBoss. Ofrece tamén ferramentas para a virtualización, con Red Hat Virtualization, almacenamento de datos, plataformas virtuais, produtos de xestión e soporte e servizos de consultora.
Red Hat crea, mantén e contribúe no desenvolvemento de moitos proxectos de software libre. Ten adquirido software privativo e posteriormente liberado o seu código con licenzas libres. Algunhas das contribucións máis notables foron a creación do sistema de empaquetamento de software (RPM) e varias utilidades para a administración e configuración de equipos, como sndconfig ou mouseconfig. No 2016, na versión 4.5 Red Hat foi a segunda grande empresa que máis contribuíu ao desenvolvemento do kernel de Linux.[3]