Rana (xénero)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Rana é un xénero de anfibios anuros, o tipo da familia dos ránidos (Ranidae), cuxas especies habitan na Eurasia temperada até a Indochina e no oeste de Norteamérica.[1] As súas especies caracterízanse por teren a cintura delgada e a pel rugosa, e moitas posúen finas estrías que percorren as costas, aínda que carecen das verrugas típicas dos sapos. Son excelentes saltadoras debido ás súas longas e esveltas ancas. A membrana interdixital típica de das súas patas posteriores permítenlles unha natación fácil e, en terra, dar grandes saltos. Adoitan seren de cor verde, parda ou parda avermellada, con manchas negras e amareladas polo dorso e máis pálidas polo ventre.
Rana | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ra vermella (Rana temporaria) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
Moitas das ras deste xénero crían a principios da primavera, aínda que as especies tropicais e subtropicais o fan durante todo o ano. Os machos da maioría das especies croan, pero crese que os dunhas poucas son mudos. As femias desovan formando grandes masas ou agregados globulares, alcanzando postas de até 20 000 ovos.