Radioloxía
From Wikipedia, the free encyclopedia
A radioloxía[1] é a especialidade médica que se ocupa de xerar imaxes do interior do corpo mediante diferentes axentes físicos (raios X, ultrasóns, campos magnéticos, entre outros) e de empregar estas imaxes para o diagnóstico e, en menor medida, para o prognóstico e o tratamento das doenzas.[2] Tamén é chamada xenericamente radiodiagnóstico ou diagnóstico por imaxe.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A radioloxía debe distinguirse da radioterapia, que non emprega imaxes, senón que emprega directamente a radiación ionizante (raios X de maior enerxía que os empregados para diagnóstico, e tamén radiacións doutro tipo) para o tratamento das doenzas (por exemplo, para deter ou frear o crecemento dos tumores que son sensibles á radiación).