Quo Vadis (filme de 1951)
filmed e 1951 dirixido por Mervyn LeRoy / From Wikipedia, the free encyclopedia
Quo Vadis é un filme estadounidense de 1951 dirixido por Mervyn LeRoy e producido por Sam Zimbalist. É un drama histórico e épico de Metro-Goldwyn-Mayer (MGM) en Technicolor. O guión é obra de John Lee Mahin, S.N. Behrman e Sonya Levien, adaptado da novela Quo Vadis (1896) do premio Nobel polaco Henryk Sienkiewicz. A banda sonora é obra de Miklós Rózsa e a fotografía de Robert Surtees e William V. Skall. O título é unha referecia a un incidente recollido nos apócrifos Feitos de Pedro.[2]
Quo Vadis | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Quo Vadis |
Director | Mervyn LeRoy |
Produtor | Sam Zimbalist |
Guión | S. N. Behrman Sonya Levien John Lee Mahin |
Baseado en | Quo Vadis de Henryk Sienkiewicz |
Intérpretes | Robert Taylor Deborah Kerr Leo Genn Peter Ustinov |
Música | Miklós Rózsa |
Fotografía | Robert Surtees William V. Skall |
Montaxe | Ralph E. Winters |
Estudio | Metro-Goldwyn-Mayer |
Distribuidora | Loew's, Inc. |
Estrea | 8 de novembro de 1951 |
Duración | 171 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Épico, drama histórico |
Orzamento | 7,6 millóns de dólares[1] |
Recadación | 21 millóns de dólares |
Na rede | |
O filme está protagonizado por Robert Taylor, Deborah Kerr, Leo Genn e Peter Ustinov, xunto con Patricia Laffan, Finlay Currie, Abraham Sofaer, Marina Berti, Buddy Baer e Felix Aylmer. Anthony Mann traballou no filme durante catro semanas director de segunda unidade sen acreditar. Sergio Leone foi o director asistente sen acreditar dos extras italianos. As futuras estrelas italianas Sophia Loren e Bud Spencer aparecen como extras sen acreditar. O filme foi noemado a oito Premios Óscar (aínda que non gañou ningún), e foi un éxito de recadación tan grande que se lle atribuíu o mérito de rescatar a MGM da bancarrota.