Primeira Liga
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Primeira Liga (antes chamada Primeira Divisão), tamén coñecida como Liga NOS por motivos de patrocinio, é a competición máis importante do fútbol profesional no sistema de competición de Portugal. Nela participan cada ano os 18 mellores equipos do país, porén, até o momento, só 5 equipos diferentes conseguiron gañar o título. Fundada en 1934, a Liga conta con máis de 80 edicións dominadas principalmente polos "Três Grandes": o Sport Lisboa e Benfica, o Futebol Clube do Porto e o Sporting Clube de Portugal. Fóra deses equipos tan só poden presumir de ter o título o Clube de Futebol Os Belenenses e o Boavista Futebol Clube, que conseguiron levantar o trofeo unha vez cada un.
Primeira Liga | |
---|---|
Fundación | 1934 |
Rexión | Portugal |
Equipos | 18 |
Copa | Taça de Portugal |
Descenso | Segunda Liga |
Internacional | UEFA Champions League UEFA Europa League UEFA Conference League |
Actual campión | Benfica (38º título) |
Máis laureado | Benfica (38 títulos) |
Televisión | Sport TV Benfica TV (Partidos na casa do Benfica) |
Organizador | LPFP |
Sitio web | www.lpfp.pt |
Primeira Liga 2022–23 |
Nos útlimos ano a Liga está a aumentar considerabelmente a súa reputación, acadando en 2012 o título de quinto mellor torneo continental segundo a Clasificación Europea de Ligas da UEFA de 2012, adiantando á Ligue 1 francesa, unha das historias "cinco grandes" ligas europeas.[1] En 2013 e 2014 continuou obstentando o quinto lugar segundo a UEFA. Segundo o clasificación elaborada pola Federación Internacional da Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS) en 2011, a Primeira Liga é a cuarta mellor liga do mundo.[2] A denominación comercial da Primeira Liga muda de tempo en tempo en función dos contratos de patrocinio celebrados pola entidade organizadora da competición e detentora dos respectivos dereitos comerciais, a Liga Portuguesa de Futebol Profissional.