Presidente de Bolivia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Presidente de Bolivia, oficialmente coñecido como Presidente do Estado Plurinacional de Bolivia, é o xefe de Estado e xefe de goberno de Bolivia. Segundo a Constitución actual, o presidente é elixido por voto popular por un prazo de cinco anos, renovábel unha vez.[1] En 2016, nun referendo o país votou para manter os límites de mandato.[2] Desde 2009, se ningún candidato gaña unha maioría, os dous candidatos máis votados pasan a unha segunda volta. Antes de 2009, se ningún candidato gañaba a metade dos votos, o presidente era escollido por votación nunha sesión lexislativa conxunta, entre os dous candidatos máis votados (ata 1995 era entre os tres máis votados).
Presidente do Estado Plurinacional de Bolivia | |
---|---|
Tratamento | Señor Presidente |
Residencia | Casa Grande del Pueblo |
Designado por | Sufraxio universal |
Nomeado por | Tribunal Supremo Electoral de Bolivia |
Duración | 5 anos, reelixible unha vez |
Creación | 11 de agosto de 1825 |
Primeiro titular | Simón Bolívar |
Salario | 24 251 bs mensuais |
Sitio web | http://www.presidencia.gob.bo/ |
O Presidente actual de Bolivia é Luis Arce, dende o 8 de novembro de 2020.
A presidencia máis longa foi a de Evo Morales, elixido en 2005, e reelixido en 2009 e 2014. O 17 de outubro de 2015, Morales superou os nove anos, oito meses e vinte e catro días de Andrés de Santa Cruz, e converteuse no presidente que máis tempo estivo no cargo.[3] Morales superou tamén a Víctor Paz Estenssoro, quen ocupara o cargo durante 12 anos pero non consecutivamente.