Praza de San Marcos
From Wikipedia, the free encyclopedia
A praza de San Marcos (en italiano: Piazza San Marco, en véneto: Piasa San Marco) é a principal praza pública de Venecia, Italia, onde xeralmente se coñece simplemente como "la Piazza" (a Praza). Todos os outros espazos urbanos da cidade (fóra da Piazzetta e a Piazzale Roma) son chamados "campi" (campos). A Piazzetta (a "praciña") é unha extensión da praza cara á lagoa na súa esquina sur oriental (ver plano). Os dous espazos xuntos forman o centro social, relixioso e político de Venecia e son comunmente consideradas xuntas. Este artigo refírese ás dúas.
Praza de San Marcos Venecia | |
---|---|
Catedral de San Marcos. | |
Tipoloxía | praza |
Dimensións | |
Lonxitude | 175 m |
Largura | 83 m |
Área | 14525 |
Formato | Trapecio |
Localización | |
Inicio | 800 |
Fin | 1100 |
Localidade | Venecia |
Circulación | |
Tránsito | Peonil |
É coñecida principalmente pola súa beleza e integridade arquitectónica, polo que tamén é un dos principais atractivos turísticos da cidade. O seu corpo principal ten forma trapecio e 175 metros de longo.
Acostuma atribuírse a Napoleón chamar á praza de San Marcos "o salón de Europa" (a atribución a Napoleón non está comprobada).[1]