Praia de Rodas
From Wikipedia, the free encyclopedia
A praia de Rodas é a de máis extensión das Illas Cíes situada na Illa de Monteagudo (ou illa do Norte).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Rodas (homónimos).
Datos rápidos Características xerais, Localización ...
Praia de Rodas | |
---|---|
Praia de Rodas. | |
Características xerais | |
Localización | Illas Cíes, Vigo, Pontevedra |
Lonxitude | 1,2 km. |
Largo medio | 100 m |
Grao de ocupación | Alta (en verán) |
Grao de urbanización | Non |
Paseo marítimo | |
Características específicas | |
Tipo de praia | Parque Natural |
Tipo de area | Branca |
Condicións do baño | |
Zona de fondeo | Admítese |
Aspectos medioambientais | |
Presenza de vexetación | Si |
Zona protexida | Si |
Seguridade | |
Equipo de vixilancia | Si |
Sinalización do perigo | Si |
Policía local | Si |
Equipo de salvamento | Si |
Accesibilidade | |
Accesible a discapacitados | |
Tipo de acceso | En barco |
Sinalización do acceso |
Pechar
A praia fai unha media lúa de area branca e augas azuis e verdes que pecha a pequena lagoa dos Nenos de augas transparentes que separa as illas de Monteagudo e do Faro. Nos extremos da praia hai piñeiros que chegan ata á area.
Dende Vigo, Baiona ou Cangas chégase por barco en menos dunha hora. As Cíes pódense visitar de xuño a setembro e os fins de semana con bo mar. Hai límite de 2200 visitantes diarios.
No ano 2007 o xornal británico The Guardian elixiu a praia de Rodas como a "praia máis fermosa do mundo"[1].