Poruchik Kizhe (Prokofev)
filme musical e suite orquestral por Sergei Prokofev / From Wikipedia, the free encyclopedia
A música de Poruchik Kizhe (ruso: Поручик Киже, traducible ao galego como O tenente Kizhe) de Sergei Prokofev concibiuse orixinalmente como un acompañamento musical ao filme do mesmo nome, producido polos estudos Belgoskino en Leningrado entre 1933 e 1934, e estreado en marzo dese mesmo ano. Constitúe o primeiro intento de Prokofev de compoñer música cinematográfica, e o primeiro encargo que recibiu da Unión Soviética logo do seu exilio pouco despois da Revolución de Outubro de 1917. Posteriormente, Prokofev adaptou a música nunha suite orquestral, o seu Op. 60.
Poruchik Kizhe | |
---|---|
Música cinematográfica e suite orquestral de Sergei Prokofev | |
Imaxe do cartel promocional do filme, de Izrail Bograd. | |
Opus | Op. 60 (suite) |
Composición | 1933–34 |
Duración | aprox. 20 minutos (suite) |
Estrea | |
Data | 21 de decembro de 1934 (suite) |
Lugar | París |
Director | Sergei Prokofev |
Nos inicios do cine sonoro, varios compositores destacados estaban a desexar introducirse no novidoso campo da música de cine, mais Prokofev non era a elección natural para este encargo. Establecido en París por case unha década, a súa música caracterizábase pola experimentación e a disonancia, calidades que non concordaban coas regras culturais predominantes do réxime soviético. Aínda así, Prokofev estaba a prepararse para regresar á súa patria, e considerou o encargo do filme como unha oportunidade para escribir música nun estilo máis popular e accesible.
Logo da exitosa estrea do filme, a suite en cinco movementos de Poruchik Kizhe, interpretouse por primeira en decembro de 1934, e de seguido converteuse nunha peza habitual do repertorio concertístico internacional. Segue a ser unha das obras máis coñecidas do compositor e ten sido gravada en numerosas ocasións. Partes da partitura foron empregadas en varios filmes posteriores, e en dúas populares cancións lanzadas durante a guerra fría.