Poliovirus
From Wikipedia, the free encyclopedia
O poliovirus é o axente vírico causante da poliomielite (ou polio). Actualmente non se considera unha especie de virus senón un serotipo da especie Enterovirus C, da familia Picornaviridae.[1]
Poliovirus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Micrografía de microscopio electrónico de transmisión de virións de poliovirus. Barra de escala, 50 nm. | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Serotipos | |||||||||||||||||
|
O poliovirus está composto dun xenoma de ARN e unha cápside proteica e sen envoltura. O xenoma é unha molécula de ARN monocatenario de sentido positivo duns 7 500 nucleótidos de longo.[2] A partícula viral é duns 30 nm de diámetro con simetría icosaédrica. Debido ao seu curto xenoma e a súa composición simple (só un ARN e as proteínas da cápside), o poliovirus é considerado como o virus importante máis simple.[3]
O poliovirus illouse por primeira vez en 1909 por Karl Landsteiner e Erwin Popper.[4] A estrutura do virus foi dilucidada primeiro usando difracción de raios X por un equipo do Birkbeck College liderado por Rosalind Franklin,[5][6] mostrando que o virus da polio tiña unha simetría icosaédrica.[7]
En 1981, publicouse o xenoma do poliovirus grazas aos traballos de dous equipos: o de Vincent Racaniello e David Baltimore no MIT[8] e o de Naomi Kitamura e Eckard Wimmer na Universidade de Stony Brook.[9] O poliovirus é un dos virus mellor caracterizados, e converteuse nun sistema modelo útil para a comprensión da bioloxía dos virus de ARN.