Pobo quimbaya
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os quimbaya[2] son unha etnia e cultura indíxena colombiana[3] famosa pola súa produción de pezas de ouro de alta calidade e beleza. Cara ao 1530 estaban organizados na chamada federación quimbaya, centrada arredor da cidade de Chinchiná. Esta federación opuxo unha forte resistencia armada ós españois, e malia a súa derrota, continuaron existindo até o 1700, cando desapareceron como grupo recoñecible.