Pobo powhatan
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os powhatan son un pobo indíxena do estado de Virxinia.[1] Os powhatan tamén eran coñecidos como algonquinos de Virxinia, xa que a lingua powhatan era unha algonquina tamén coñecida como algonquino de Virxinia. Estímase que entre 14 000 e 21 000 powhatan vivían no leste de Virxinia cando os ingleses colonizaron Jamestown en 1607.[2]
Pobo powhatan | |
---|---|
O rei dos powhatan Wahunsonacock (debuxado por John Smith (1612). | |
Poboación | |
Poboación total: c 3 850 (presente) | |
Rexións principais: | |
Estados Unidos | Leste de Virxinia e oeste de Maryland |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua powhatan e inglés |
Relixión | Relixión tribal tradicional |
Grupos relacionados | Pamunkey, chickahominy, mattaponi, rappahannock e outros pobos algonquinos. |
A finais do século XVI e comezos do XVII, un mamanatowick (xefe tribal) chamado Wahunsunacawh creou unha poderosa organización que abranguían máis de 30 pobos tributarios, e cuxo territorio ocupaba máis que o leste de Virxinia. Esa área era chamada Tsenacommacah ("terra densamente poboada"). Wahunsunacawh foi coñecido polos ingleses como "Xefe Powhatan".[3] Cada unha das tribos dentro desta organización contaba co seu propio weroance (líder, comandante), mais pagaban tributo ós powhatan.[4]