Pináceas
From Wikipedia, the free encyclopedia
As pináceas (nome científico Pinaceae), son unha familia de coníferas da orde Pinales. Posúen canles de resina na madeira e nas follas, as súas follas son lineais ou como agullas en xeral, monoicos, os conos con complexos dispostos en espiral e aplanados e como brácteas, as brácteas libres da escama, dous óvulos invertidos, e sementes cunha á longa terminal.
Pinaceae (pináceas) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Flor de piñeiro bravo (Pinus pinaster) | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||
Números de familia e de xéneros segundo Christenhusz et al. (2011).[1] |
- Véxase Pinidae para unha introdución a estes grupos
É un grupo de plantas que se consideran pulmóns das cidades pola gran cantidade de osíxeno que producen. Teñen ademais unha grande importancia económica; moitas especies teñen boa madeira, empregada en carpintaría, construción etc, tamén para a fabricación de papel, ou coma fonte de resinas, vernices, encolantes etc. As sementes dalgúns xéneros, como os piñeiros son comestíbeis (piñóns). Moitas especies son ornamentais. Ocupan extensas zonas do planeta, especialmente de climas fríos e temperados.
En Galiza so existen un par de especies de toda a familia que se poden considerar silvestres ou asilvestradas, como o piñeiro bravo e o silvestre.