Pseudolarix
especie de planta / From Wikipedia, the free encyclopedia
Pseudolarix é un xénero monotípico da familia Pinaceae. A única especie, Pseudolarix amabilis (Falso lárice dourado) está estreitamente relacionado con Keteleeria, Abies e Cedrus. É nativo do leste da China, desenvolvéndose en pequenas áreas de montaña ao sur de Anhui, Zhejiang, Fujian, Jiangxi, Hunan, Hubei e leste de Sichuan, en altitudes de 100–1500 m.
Pseudolarix | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Datos insuficientes | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Pseudolarix amabilis' (Nelson) Rehder |
É unha árbore caediza que acada os 30–40 m de altura cunha coroa cónica. As follas (arume) de cor verde brillante son de 3–6 cm de lonxitude e 2–3 mm de longo, con dúas bandas de estomas na face posterior, as follas tórnanse de cor amarela dourada brillante no outono antes de caer.
As piñas son distintas, superficialmente semellan alcachofas, de 4–7 cm de lonxitude e 4–6 cm de largo, madurecen aos 7 meses da polinización cando se desintegran para guindaren as sementes aladas. Os conos masculinos como en Keteleeria, prodúcense en umbelas de varios xuntos.