Picanzo real setentrional
especie de ave / From Wikipedia, the free encyclopedia
O picanzo real setentrional,[3] ou picanzo real,[4] Lanius excubitor, é unha especie de ave da orde dos paseriformes, infraorde dos Corvida, suborde dos oscines, unha das 29 integrantes da familia dos lánidos.
Lanius excubitor Picanzo real setentrional, picanzo real | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lanius excubitor excubitor, coa súa presa cravada nuna espiña | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Lanius excubitor Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
Do tamaño dun merlo (uns 25 cm de lonxitude e ao redor de 36 cm de envergadura alar), vive en áreas de clima subártico, boreal e temperado da rexión holártica. Está presente tamén en zonas de estepas e montañas altas da Asia Central.
Unha ave moi semellante que vive no sur do continente europeo, o picanzo real meridional, que foi considerada ata hai pouco unha subespecie, é hoxe clasificada como especie separada co nome científico de Lanius meridionalis. Ambas as dúas especies, moi próximas, procuran hábitats diferentes nos lugares onde coinciden e non hibridan, o que, xunto coas diferenzas na plumaxe distinta, levou á súa separación en dúas especies.