Phoenix Suns
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Phoenix Suns son un equipo de baloncesto profesional con sede en Phoenix (Arizona). Son membros da División Pacífico da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA), e o único equipo da súa división que non é do estado de California. O seu pavillón é, dende 1992, o Phoenix Suns Arena, coñecido antigamente coma Talking Stick Resort Arena, America West Arena e US Airways Center. Ao pavillón tamén se lle chama en ocasións "Purple Palace" ("palacio púrpura") debido á cor púrpura dos seus asentos.
Phoenix Suns | |
---|---|
Información xeral | |
Conferencia | Oeste |
División | Pacífico |
Fundación | 1968 |
Cores | Laranxa, violeta |
G League | Bakersfield Jam |
Retirados | 6 (5, 6, 7, 9, 24, 33, 34, 42, 44, 832) |
Localización | |
Cidade | Phoenix |
Pavillón | Phoenix Suns Arena |
Capacidade | 18.055 espectadores |
Inauguración | 6 de xuño de 1992 |
Persoal | |
Propietario(s) | Robert Sarver |
Presidente | Jason Rowley |
Director | James Jones |
Adestrador | Monty Williams |
Títulos | |
Campión | 0 |
Conferencia | 3 (1976, 1993, 2021) |
División | 7 (1981, 1993, 1995, 2005, 2006, 2007, 2021) |
suns.com |
Os Suns comezaron a xogar en 1968. A franquía ten o cuarta mellor porcentaxe de vitorias da NBA, cun 55% de partidos gañados ata o remate da tempada 2013-14. En 46 anos na liga, clasificáronse en 29 deles para Playoffs, conseguiron máis de 50 vitorias en dezanove ocasións, chegaron nove veces ás Finais da Conferencia Oeste, e chegaron ás Finais da NBA nos anos 1976 e 1993. A pesar destas marcas, os Suns nunca gañaron un campionato da NBA.[1]