Philipsburg
From Wikipedia, the free encyclopedia
Philipsburg é a cidade principal e Capital do país de Sint Maarten. A cidade está situada nunha estreita franxa de terra entre Great Bay e Great Salt Pond. Funciona como o centro comercial da illa de San Martiño, da cal, Sint Maarten abarca a metade sur. En 2011 tiña ten 1.327 habitantes.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Reino dos Países Baixos | |||
País insular | Sint Maarten | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 1.338 (2006) | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 8 m | |||
A illa foi avistada por primeira vez por Cristovo Colón o 11 de novembro de 1493, pero xa era un asentamento arauaco antes do seu descubrimento. Philipsburg foi fundada en 1763 por John Philips, un capitán escocés na mariña holandesa; o asentamento pronto converteuse nun centro bulicioso de comercio internacional. Dous fortes históricos dan testemuño da importancia estratéxica de Philipsburg na historia de San Martiño: Fort Amsterdam e Fort Willem.[1]
A principal zona comercial, a rúa Front, está no corazón da cidade. Philipsburg tamén ten un porto que é visitado por moitos cruceiros, barcos como Celebrity Solstice, Princesa, Disney Magic, e desde 2010, Oasis of the Seas.