Pemba
From Wikipedia, the free encyclopedia
Pemba (en lingua árabe, الجزيرة الخضراء, al-Dschazirat al-Chadra, «illa verde») é unha illa que forma parte do arquipélago de Zanzíbar, localizada preto da costa oriental de África, en augas do océano Índico. Sitúase a 50 km ao norte da illa de Unguja, a illa principal do arquipélago, e a outros 50 km da costa africana. Conta cunha poboación aproximada de 362.000 habitantes segundo o censo do 2002, cunha superficie de 984 km².
Datos rápidos Situación, País ...
Pemba | |
---|---|
Localización da illa | |
Mapa da illa | |
Situación | |
País | Tanzania |
Provincia | Zanzíbar |
Arquipélago | Arquipélago de Zanzíbar |
Mar | Océano Índico |
Coordenadas | 5°10′S 39°47′L |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 988 km² |
Longura máxima | 67 km. |
Largura máxima | 22 km. |
Punto máis alto | 50 m. |
Distancia a terra | 50 km |
Demografía | |
Capital | Chake Chake |
Poboación | 406.808 (censo 2012) |
Densidade | 428 hab./km² |
Pechar