Pega
especie de paxaro / From Wikipedia, the free encyclopedia
A pega común, Pica pica, tamén coñecida como pega rabuda [2] ou pega rabilonga,[3] é unha ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das sete comprendidas no xénero Pica.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pega (homónimos).
Máis información PegaPica pica, Estado de conservación ...
Pega Pica pica | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Pica pica (Carl von Linné, 1758) | |||||||||||||||
Área de distribución de Pica pica en Galicia |
Pechar
Vive en boa parte de Eurasia, África do Norte e Norteamérica.
En Europa vive sobre todo nas proximidades dos asentamentos humanos.
A súa plumaxe branca e negra e a súa longa cola fana inconfundible.
A pega é unha das aves máis intelixentes, e crese que é un dos animais non humanos máis intelixentes.[4] A superficie do seu córtex cerebral é aproximadamente a mesma en tamaño relativo que a do cerebro dos chimpancés, gorilas, orangutáns e humanos.[5]