Patrimonio da Humanidade en Bélxica
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Bélxica, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. O Reino de Bélxica ratificou a convención o 24 de xullo de 1996, polo que os seus sitios históricos poden ser incluídos na lista.[3]
en 2021, había 15 sitios en Bélxica inscritos na lista. Os primeiros sitios de Bélxica que se engadiron á lista foron os Béguinaxes flamengos, a Grand-Place en Bruxelas e os elevadores no Canal du Centre, na 22ª sesión da UNESCO en 1998..[4] As inscricións máis recentes foron as Colonias de Benevolence, un sitio transnacional compartido cos Países Baixos, e os Grandes Balnearios de Europa, compartido con outros seis países. O Bosque de Sonia, parte do sitio de 18 países dos Faiais primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa, é o único sitio natural de Bélxica, os outros son sitios culturais, tal e como determinan os criterios de selección da UNESCO. Os cinco sitios transnacionais de Bélxica tamén inclúen os Campanarios municipais de Bélxica e Francia, compartidos con Francia, e a Obra arquitectónica de Le Corbusier, compartida con outros seis países. Ademais, Bélxica ten 16 sitios na súa lista provisional.[3]