Partido Popular (1976)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Partido Popular foi un partido político español fundado por Pío Cabanillas e José María de Areilza en novembro de 1976. A súa ideoloxía era de centrodereita e proviña dun núcleo de personalidades moi diversas, entre as que destacaban reformistas do réxime agrupado en torno ao grupo Tácito.
Partido Popular | |
---|---|
Partido político español disolto en 1977 | |
Dirixentes e organización | |
Líder | José María de Areilza Pío Cabanillas |
Historia | |
Fundación | 1976 |
Disolución | 1977 1 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Centrodereita |
1 Integración na Unión de Centro Democrático. | |
No momento do nacemento do partido, en novembro de 1976, José María de Areilza e Pío Cabanillas, ámbolos dous ex-altos funcionarios franquistas, eran ministros do gabinete de Adolfo Suárez. O congreso do Partido Popular celebrado en Madrid en febreiro de 1977, tivo unha grande envergadura, comparable á do congreso do PSOE do decembro anterior; en dito congreso Areilza amosouse como a súa figura máis sobranceira. Arredor do partido organizouse unha coalición denominada Centro Democrático, que serviu de embrión para a creación da Unión de Centro Democrático, que acabaría sendo liderada polo presidente Adolfo Suárez ao desembarcar nela co seu goberno. Suárez puxo como condición previa a saída de Areilza, para evitar rivalidades, e o partido accedeu a esta petición.
Areilza abandonou a UCD e aliouse máis tarde con Manuel Fraga, a través do partido Acción Cidadá Liberal, entrando só na UCD xa no final da historia deste partido, cando moitos dos seus membros o abandonaran. Pío Cabanillas sería un dos principais dirixentes da UCD e ministro tanto con Suárez como con Leopoldo Calvo-Sotelo.