Palau Reial Major
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Palau Reial Major de Barcelona foi a residencia dos condes de Barcelona e dos reis de Aragón. Atópase no centro del barrio gótico da cidade, na plaça del Rei e componse basicamente de catro recinteos: o Saló del Tinell, feito construír polo rei Pedro IV de Aragón entre os anos 1359 e 1362 ó mestre de obras Guillem Carbonell. A capela palatina de Santa Àgata, do ano 1302, por ordes do rei Xaime II de Aragón e a súa esposa Branca de Nápoles. No seu interior está o retablo do condestable Pedro de Portugal, do pintor Jaume Huguet (1465). O Palau del Lloctinent, do ano 1549, encargo do rei Carlos V a Antoni Carbonell. É a sede do Arquivo Xeral da Coroa de Aragón (única do ano 1836 até 1994 e sede institucional dende entón). O Verger, xardín con soportais e dependencias ó redor, comunicado co Tinell. Foi sede do tribunal da Inquisición e hoxe é a sede do Museo Frederic Marès. Tamén forma parte do conxunto o chamado Mirador del Rei Martí, torre con cinco pisos de galerías edificada en 1555, entre o Palau del Lloctinent e o Tinell. Tense documentación do nome de Palau Major por primeira vez no ano 1116,[1] e foi chamado así para diferencialo do Palau reial menor, que se erguía a carón da plaça de Sant Miquel, detrás da Casa de la Ciutat, e foi derrubado en 1847.