Palacio de Versalles
palacio real en Versailles (Francia) / From Wikipedia, the free encyclopedia
O palacio de Versalles ou castelo de Versalles (en francés: Château de Versailles) é un palacio real localizado na cidade de Versalles, unha aldea rural na época da súa construción, e hoxe en día un suburbio de París. A súa construción foi ordenada polo rei Lois XIV, e constitúe un dos complexos arquitectónicos monárquicos máis importantes de Europa. Con preto de 10 millóns de visitantes ao ano,[1] é tamén un dos sitios turísticos máis importantes de Francia.
Château de Versailles (fr) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Francia | |||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | |||
Rexións | Illa de Francia | |||
Departamento | Yvelines | |||
Comuna | Versalles | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 67.000 m² | |||
Medición | 600 () m | |||
Datos históricos | ||||
Fundador | Lois XIII de Francia | |||
Creación | 1661 | |||
Monumento histórico clasificado | ||||
Data | 31 de outubro de 1906 | |||
Identificador | PA00087673 | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
Data | ?, Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii) e (vi) | |||
Identificador | 83 | |||
Páxina web | chateauversailles.fr | |||
Palacio e parque de Versalles | |
---|---|
Versalles visto desde os seus xardíns | |
Vue aérienne du domaine de Versailles par ToucanWings - Creative Commons By Sa 3.0 - 073.jpg Vista aérea do palacio | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Francia |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II, VI |
Inscrición | 1979 (3º sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 83 |
A Corte de Versalles foi o centro do poder do Antigo Réxime en Francia dende 1682, cando Lois XIV se mudou de París, até que a familia Real foi forzada a volver á capital en 1789.
O conxunto do palacio e parque de Versalles, incluíndo o Gran Trianón e o Pequeno Trianón, foron declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1979.[2]