Pablo Iglesias Turrión
político español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Pablo Iglesias Turrión, nado como Pablo Manuel Iglesias Turrión[1] en Madrid o 17 de outubro de 1978, é un politicólogo, presentador de televisión e expolítico español. Foi vicepresidente segundo e ministro de Dereitos Sociais e Axenda 2030 do Goberno de España entre 2020 e 2021. Foi secretario xeral do partido Podemos dende 2014 até o 5 de maio de 2021.[2]
Doutor en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid, onde tamén traballou como profesor titular interino,[3] foi un dos fundadores de Podemos en 2014, ano no que foi elixido deputado do Parlamento Europeo por devandita formación.[4] Posteriormente foi deputado no Congreso durante a XI, XII, XIII e XIV lexislaturas. Como presentador de televisión conduciu os programas Fort Apache (Hispan TV), La Tuerka e Otra vuelta de tuerka (Público TV).
Dimitiu como ministro e vicepresidente do Goberno para ser candidato á presidencia da Comunidade de Madrid. No mesmo día das eleccións á Asemblea de Madrid de 2021, anunciou que abandonaba a primeira liña política por mor dos seus resultados.[5]