Ostrácodos
clase de crustáceos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os ostrácodos (Ostracoda), do grego όστρακον, óstrakon, 'cuncha' e ειδής, eidés, 'con aspecto de', son unha clase de crustáceos da que se identificaron unhas 70.000 especies, das cales só 13.000 existen actualmente,[1] agrupadas en varias ordes. Son crustáceos de pequeno tamaño, normalmente de 1 mm de longo, pero poden variar de 0,2 a 30 mm (no caso de Gigantocypris). Os seus corpos son aplanados lateralmente e están protexidos por unha "cuncha" quitinosa ou calcaria de dúas valvas. A bisagra entre as dúas valvas está na parte superior (dorsal) do corpo. Os ostrácodos agrúpanse para a súa clasificación segundo a súa morfoloxía básica, pero os grupos poden non ser monofiléticos,[2] e as súas filoxenias moleculares permanecen ambiguas.[3]
Ostrácodos Rango fósil: Ordovícico ao Recente, desde hai 450 millóns de anos | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Subclases e Ordes | |||||||||
Myodocopa Sars, 1866
Podocopa Sars, 1866
|
Ecoloxicamente os ostrácodos mariños poden formar parte do zooplancto, pero o máis común é que forman parte do bentos (animais do fondo mariño). Moitos ostrácodos, especialmente os Podocopida, tamén se encontran na auga doce, e coñécense especies terrestres de Mesocypris do solos de bosques húmidos de Suráfrica, Australia e Nova Zelandia.[4] Teñen dietas moi variadas, e o grupo inclúe carnívoros, herbívoros, preeiros e filtradores.
En 2008 coñecíanse unhas 2.000 especies e 200 xéneros de ostrácodos non mariños.[5] Porén, unha gran porción da súa diversidade aínda está por describir, localizada en puntos quentes de biodiversidade non documentados de hábitats acuáticos temporais de África e Australia.[6] Da diversidade específica e xenérica coñecida dos ostrácodos non mariños, a metade (unhas 1.000 especies e 100 xéneros) pertencen a unha familia (de entre un total de 13 familias), a dos Cyprididae.[6] Moitos Cyprididae ocoren en corpos de auga temporais e teñen ovos resistentes á seca, reprodución mixta/partenoxenética, e a capacidade de nadar. Estes atributos biolóxicos preadaptáronos para poder orixinar exitosas radiacións neses hábitats.[7]