Orixe do universo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Na cosmoloxía grega e moderna, a orixe do universo é o instante en que xurdiu toda a materia e a enerxía que existen actualmente no universo como consecuencia dunha grande expansión. A postulación denominada teoría do Big Bang (grande explosión) é aceptada pola maioría dos científicos, e postula que o universo podería orixinarse hai uns 13 800 millóns de anos, nun instante definido.[1][2] Na década de 1930, o astrónomo estadounidense Edwin Hubble confirmou que o universo se estaba expandindo, fenómeno que o sacerdote e astrofísico Georges Lemaître describiu na súa investigación sobre a expansión do universo (big bang), baseado nas ecuacións de Albert Einstein, e coa teoría da relatividade xeral. Porén, o propio Einstein non creu nos seus resultados, pois parecíalle absurdo que o universo se atopase en infinita expansión, polo que engadiu ás súas ecuacións a famosa «constante cosmolóxica» (dita constante resolvía o problema da expansión infinita), á cal posteriormente denominaría el mesmo como o maior erro da súa vida. Por isto Hubble foi recoñecido como o científico que descubriu a expansión do universo.