Organización Internacional para a Estandarización
organización internacional para a elaboración de estándares e normas / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Organización Internacional para a Estandarización (coñecida como ISO) é unha organización non gobernamental composta por diferentes representantes de organismos de normalización de 162 países[1]. Fundouse o 23 de febreiro de 1947 en Xenebra, onde está a súa sede central, a súa función é a elaboración de estándares e normas internacionais para todos os campos da industria e o comercio.
«ISO» redirixe aquí. Para o antigo observatorio espacial da Axencia Espacial Europea, véxase ISO (observatorio espacial).
Datos rápidos Acrónimo, Tipo ...
Organización Internacional para a Estandarización | |
---|---|
Acrónimo | ISO, ИСО, ISO e ISO |
Tipo | Organización de estándares e organización non gobernamental internacional |
Data de fundación | 23 de febreiro de 1947 |
Nº de membros | 165 (2021) |
Traballos destacados | norma ISO |
Organización subsidiaria | ISO/IEC JTC 1 e sen etiquetar |
Sede | Xenebra |
Na rede | |
https://www.iso.org/, https://www.iso.org/fr/ e https://www.iso.org/ru/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
A organización publica moitos tipos de normas, como agora as técnicas (por exemplo sobre MP3 ou tarxetas telefónicas), de clasificación (por exemplo os códigos dos países) ou estándares de procedementos (por exemplo a ISO 9000 sobre xestión da calidade).