Orfanato
establecemento destinado a acoller e coidar meniños orfos ou abandonados / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un orfanato[1] é unha institución encargada do coidado dos menores de idade, orfos ou abandonados (expósitos), e dos nenos ou adolescentes a quen as autoridades separaron dos seus proxenitores, retirándolles a patria potestade.
Normalmente os orfanatos son considerados como unha alternativa inferior á adopción ou ás casas de acollida, e poden estar financiados mediante capital público ou privado, sendo tradicional a adxudicación a entidades relixiosas.