Orde do Temple
orde relixiosa militar / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Orde do Temple[1] ou Orde dos Templarios foi unha orde relixiosa militar, creada en 1118 na cidade de Xerusalén, por nove cabaleiros de orixe francesa, cuxo nome completo era Orde dos Pobres Cabaleiros de Cristo e do Templo de Salomón. Nos séculos seguintes volveuse nunha institución de enorme poder político, militar e económico. A súa divisa era: Non nobis, Domine, non nobis, sed nomini Tuo da gloriam, o que significa «Non a nós, Señor, non a nós, dade a gloria ao Voso nome». Inicialmente as súas funcións limitábanse aos territorios cristiáns conquistados na Terra Santa durante o movemento das Cruzadas, e visaban á protección dos peregrinos que se desprazaban aos lugares sagrados. Nas décadas seguintes, a Orde beneficiouse de innúmeras doazóns de terra na Europa que lle permitiron estabelecer unha rede de influencias en todo o continente.
Orde do Temple | |
---|---|
Tipo | Orde militar |
Data de fundación | 1118 e 16 de xaneiro de 1120 |
Data de disolución | 22 de marzo de 1312 |
Fundador(es) | Hugues de Payns o Pains, Godfrey de Saint-Omer e André de Montbard |
Nomeado en referencia a | Monte do Templo |
Sede | Monte do Templo |
País | Estados Pontificios |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2014.) |