One World Trade Center
From Wikipedia, the free encyclopedia
O One World Trade Center (tamén coñecido como 1 World Trade Center, One WTC e 1 WTC; o edificio actual foi bautizado a "Torre da Liberdade" durante a planificación inicial) é o principal edificio do novo complexo World Trade Center (en galego: Centro do Comercio Mundial) no Baixo Manhattan, Cidade de Nova York.[2] É o rañaceos máis alto do Hemisferio Occidental, e o quinto máis alto do mundo. A megaestrutura de 104 pisos comparte o nome numérico coa Torre Norte do World Trade Center orixinal, o cal foi destruído nos ataques terroristas do 11 de setembro de 2001. O novo rañaceos sitúase no recanto noroeste da parcela de 6,5 ha (16 acres) do World Trade Center, no sitio do orixinal 6 World Trade Center. O edificio limita con West Street polo oeste, Vesey Street ao norte, Fulton Street ao sur, e Washington Street ao leste.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2023.) |
One World Trade Center | |
---|---|
O One World Trade Center fotografado en 2015. | |
Edificio | |
Estilo | Moderno contemporáneo |
Custo | 3.900 millóns de dólares[1] |
Coordenadas | 40°42′47″N 74°00′49″O |
Uso(s) | oficinas |
Construción | |
Inicio | 27 de abril de 2006 |
Remate | 2014 |
Dimensións | |
Pisos | 94 + 5 subterráneos |
Superficie | 325.279 m² |
Altura máxima | 546,2 m |
Altura da azotea | 417 m |
Altura da última planta | 386,5 m |
Número de ascensores | 73 |
Equipo | |
Arquitecto(s) |
|
Enxeñeiro estrutural | WSP Cantor Seinuk |
Contratista | Tishman Construction |
[ editar datos en Wikidata ] |
A construción da relocalización das utilidades subterráneas, zapatas, e os cimentos para o edificio novo empezaron o 27 de abril do 2006. O One World Trade Center converteuse na estrutura máis alta da Cidade de Nova York o 30 de abril do 2012, cando superou a altura do Empire State Building. A estrutura de aceiro da torre foi coroada o 30 de agosto do 2012. O 10 de maio do 2013, o compoñente final da antena do rañaceos foi instalado, facendo que o edificio, incluíndo a súa antena, lograse unha altura total de 1,776 pés (541 m). A súa altura en pés é unha referencia deliberada ao ano cando a Declaración de Independencia dos Estados Unidos foi asinada. O edificio abriu as súas portas o 3 de novembro do 2014.
O 30 de marzo do 2009, a Autoridade do Porto de Nova York e Nova Jersey confirmou que o edificio sería coñecido legalmente como "One World Trade Center", non "Torre da Liberdade", como se lle denominou coloquialmente. O edificio ascende 104 plantas estándar, pero só consta de 94 plantas reais.
O novo complexo World Trade Center finalmente incluirá cinco rañaceos de oficinas ao longo da Rúa Greenwich, así como o Museo e Monumento conmemorativo Nacional do 11 de setembro, localizado xusto ao sur do One World Trade Center, onde se encontraban as Torres Xemelgas orixinais. A construción do edificio novo foi parte dun esforzo para homenaxear ao World Trade Center orixinal despois da súa destrución en 2001.