Olympe de Gouges
escritora e activista política de Francia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Olympe de Gouges, pseudónimo de Marie Gouze, nada en Montauban (Tarn-et-Garonne) o 7 de maio de 1748 e finada en París o 3 de novembro de 1793, foi unha escritora e abolicionista francesa, coñecida polas súas dúas obras máis famosas: A escravitude dos negros (1786) e a Declaración dos dereitos da muller e da cidadá (1791). É a miúdo considerada unha das precursoras do feminismo occidental, encadrándoa no chamado feminismo ilustrado, dentro do período que precede á primeira onda do feminismo.[Cómpre referencia].Foi a segunda muller francesa en ser executada baixo a guillotina, só precedida por María Antonieta.[1]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Marie Gouze 7 de maio de 1748 Montauban, Francia |
Morte | 3 de novembro de 1793 (45 anos) París (Primeira República Francesa) |
Causa da morte | pena de morte, decapitación |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Relixión | Deísmo |
Actividade | |
Campo de traballo | Abolicionismo e feminismo |
Ocupación | dramaturga , escritora , política , filósofa , xornalista , autora |
Partido político | Girondino (pt) |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Olympe de Gouges |
Lingua | Lingua francesa e lingua occitana |
Obra | |
Obras destacables | |
Arquivos en | |
Outro | |
Cónxuxe | Louis Aubry (1765–) |
Fillos | Pierre Aubry de Gouges |
Condenado por | traizón |
Pechar