Obdulio Varela
futbolista uruguaio / From Wikipedia, the free encyclopedia
Obdulio Jacinto Muiños Varela, nado en Montevideo o 20 de setembro de 1917 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1996, foi un futbolista uruguaio alcumado El Negro Jefe. Xogaba de centrocampista e foi un dos xogadores máis destacados da historia do fútbol uruguaio e suramericano.
Obdulio Varela | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Obdulio Jacinto Muiños Varela | ||
Nacemento | 20 de setembro de 1917 | ||
Lugar de nacemento | Montevideo | ||
Falecemento | 2 de agosto de 1996 | ||
Lugar de falecemento | Montevideo | ||
Altura | 1,83 m. | ||
Posición | Medio central | ||
Carreira xuvenil | |||
Fortaleza | |||
Dublín | |||
Pascual Somma | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1936–1938 | Deportivo Juventud | 60 | (20) |
1938–1943 | Montevideo Wanderers | 105 | (42) |
1943–1955 | Peñarol | 302 | (72) |
Total | 467 | (134) | |
Selección nacional | |||
1939–1954 | Uruguai | 45 | (9) |
Adestrador | |||
1955 | Peñarol | ||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Fillo dun galego e dunha uruguaia negra, usaba sempre o apelido materno, "Varela". Foi capitán do Montevideo Wanderers e do Peñarol, xogando neste último durante 12 anos, nos que gañou seis campionatos de Primeira División, oito Torneos de Honor e seis Torneos Competencia.
É especialmente lembrado por ser o capitán da selección uruguaia que gañou o Mundial de 1950 no Brasil e polo seu papel no Maracanazo, a final na que o Uruguai ante sorpresa mundial derrotou ao Brasil por 1-2 no Estádio do Maracanã. Gañou ademais o Campionato Suramericano de 1942, no que foi elixido mellor xogador do torneo. Foi incluído pola IFFHS na lista dos mellores futbolistas suramericanos do século XX, compartindo o 13º posto con Arthur Friedenreich e Tostão.[1]