O libro galego onte e hoxe
exposición bibliográfica sobre o libro galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
O libro galego onte e hoxe foi unha exposición bibliográfica celebrada no antigo Convento de San Domingos (Museo do Pobo Galego) en Santiago de Compostela en maio-xuño de 1979.
Datos rápidos O libro galego onte e hoxe, Tipo ...
O libro galego onte e hoxe | |
---|---|
Tipo | exposición |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Inaugurouse o 16 de maio (véspera do Día das Letras Galegas), estaba prevista a clausura o 3 de xuño mais debido ao éxito de público (11.835 visitas) prolongouse ata o 17 do mesmo mes. Foi acompañada con conferencias, concertos e representacións teatrais.
Foi organizada pola Federación de Libreiros de Galicia e pretendía reunir e mostrar toda a produción editorial en idioma galego, de todos os tempos e sobre todos os temas. En 1981 a USC publicou o catálogo da exposición[1].