Nó auriculoventricular
From Wikipedia, the free encyclopedia
O nó auriculoventricular, nó atrioventricular[2] ou nó de Aschoff-Tawara'[3] é unha estrutura de condución cardíaca formada por células cardíacas especializadas na condución dos impulsos eléctricos cardíacos. Atópase situado na parte inferior do sulco interauricular próximo ao septo membranoso interventricular, no vértice superior do triángulo de Koch (espazo entre o seo coronario, a válvula septal tricuspídea e o tendón de Todaro).[4]
Máis información Latín, Gray's ...
Nó auriculoventricular | |
---|---|
Sistema de condución eléctrica do corazón:
| |
Latín | Nodus atrioventricularis |
Gray's | pág. |
Sistema | Circulatorio |
Precursor | miocardio primario[1] |
Pechar
O seu nome vén dos seus descubridores, o patólogo alemán Ludwig Aschoff e ao patólogo xaponés Sunao Tawara.