Northumberland
condado de Inglaterra / From Wikipedia, the free encyclopedia
Northumberland é un dos corenta e sete condados de Inglaterra, Reino Unido. A súa capital é Alnwick,[1] aínda que o County council (a corporación administrativa elixida que goberna o condado) está na vila de Morpeth,[2] que, segundo o censo do ano 2011, tiña unha poboación de 14 018 habitantes.[3]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
País | Inglaterra | ||||
Rexións | Nordeste de Inglaterra | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 323.820 (2020) (64,59 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 5.013,8024 km² | ||||
Comparte fronteira con | Cumbria (2009–) Gateshead (en) (2009–) Eden (en) (2009–) Carlisle (en) (2009–) North Tyneside (pt) (2009–) Scottish Borders (pt) (2009–) Newcastle upon Tyne (2009–) County Durham (en) (2009–) Tyne e Wear (2009–) | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | Tynedale District (en) , Borough of Berwick-upon-Tweed (en) , Blyth Valley (en) , Castle Morpeth District (en) , Wansbeck District (en) e Alnwick District (en) | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | council of Northumberland County Council (en) , | ||||
ISO 3166-2 | GB-NBL | ||||
Código NUTS | UKC21 | ||||
Páxina web | northumberland.gov.uk |
Situado na rexión Nordeste, limita ao norte con Escocia, ao leste co mar do Norte (cunha liña de costa de 103 km),[4] ao sur con Tyne e Wear e Durham e ao oeste con Cumbria.[5][6]
Segundo o censo de 2015, tiña 315 300 habitantes.[7] Abarca unha superficir de 50 13 km², polo que, nse ano, a súa densidade de poboación era de 61,28 hab./km².
O límite máis extenso do condado estendíase ao longo do río Humber ao norte, ao igual que o antigo reino de Northumbria do rei Edwin. Na actualidade, porén, o condado abrangue unha superficie máis pequena.
Até a reorganización de 1974 incluía a cidade de Newcastle, que era a capital tradicional do condado, pero que agora pertence ao de Tyne e Wear. A capital actual de Northumberland é, como quedou dito, a vila de Morpeth.
Para algunhas cuestións, sobre todo as relacionadas coa fauna e algunhas organizacións deportivas, non se teñen en conta os límites establecidos en 1974.
O condado de Northumberland é coñecido pola súa música tradicional, sobre todo pola interpretada con gaita (Northumbrian smallpipe).