Nigel Mansell
From Wikipedia, the free encyclopedia
Nigel Mansell Ernest James, CBE naceu en Worcestershire o 8 de agosto de 1953 é un expiloto de carreiras británico que gañou o Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1992 e o Champ Car World Series de 1993.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Nigel Ernest James Mansell 8 de agosto de 1953 (70 anos) Upton-upon-Severn, Reino Unido (en) |
Datos persoais | |
Residencia | Illa de Man (–1995) Birmingham Saint Brelade (en) Upton-upon-Severn (en) |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Birmingham Metropolitan College (en) |
Altura | 180 cm |
Peso | 76 kg |
Actividade | |
Campo de traballo | Motorism (en) , corrida automobilística (pt) e carro de Fórmula 1 (pt) |
Ocupación | piloto de Fórmula Un , piloto de automobilismo |
Lingua | Lingua inglesa |
Deporte | automobilismo Fórmula 1 |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Familia | |
Fillos | Leo Mansell (en) , Greg Mansell (en) |
Premios
| |
Páxina web | nigelmansell.co.uk |
De orixe humilde, Mansell estudou enxeñaría no Matthew Boulton College en Birmingham. Traballou como enxeñeiro aeroespacial en Lucas Engineering antes de abandonar a súa profesión polas carreiras de autos.
Mansell era o campión en vigor da F1 cando marchou a competir na CART, converténdose na primeira persoa en gañar o título da CART na súa primeira tempada, e sendo ata 2015 a única persoa en ocupar tanto o Campionato Mundial de pilotos e o Campionato nacional americano de monoprazas simultaneamente.
A súa carreira na Fórmula Un prolongouse por 15 tempadas, coas súas últimas dúas tempadas completas das carreiras no máxomo nivel na serie CART. Mansell é o segundo piloto británico máis exitoso de todos os tempos en térmos de carreiras gañadas con 31 vitorias, e é sétimo na lista xeral de gañadores de carreiras de Fórmula Un detrás de Michael Schumacher, Alain Prost, Lewis Hamilton, Sebastian Vettel, Ayrton Senna e Fernando Alonso.[1] Tiña a marca de maior número de poles logradas nunha soa tempada, que foi superada en 2011 por Sebastian Vettel.
Mansell correu na serie Grand Prix Masters en 2005, e gañou o título de campión. Posteriormente asinou un contrato dunha sóa carreira polo equipo Scuderia Ecosse GT para conducir o seu coche Ferrari F430 GT2 co número 63 en Silverstone o 6 de maio de 2007. Desde entón competiu en carreiras de autos deportivos cos seus fillos Leo e Greg, incluíndo as 24 Horas de Le Mans de 2010.