Ngozi Okonjo-Iweala
economista nixeriana / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ngozi Okonjo-Iweala, nada en Ogwashi-Uku o 13 de xuño de 1954, é unha economista e experta en desenvolvemento internacional nixeriana. O 15 de febreiro de 2021 foi nomeada Directora Xeral da Organización Mundial do Comercio asumindo as funcións o 1 de marzo de 2021, sendo a primeira muller que asume o posto.
É membro das xuntas directivas de Standard Chartered Bank, Twitter, a Alianza Global para Vacinas e Inmunización (GAVI) e African Risk Capacity (ARC).
En 2003 converteuse na primeira muller Ministra de Finanzas de Nixeria (2003-2006, 2011-2015) baixo a presidencia de Olusegun Obasanjo e da presidencia de Goodluck Jonathan.
Tamén foi Directora Xerente do Banco Mundial (2007-2011), unha organización na que traballou durante 25 anos.