Nellie Tayloe Ross
política estadounidense e directora da US Mint / From Wikipedia, the free encyclopedia
Nellie Davis Tayloe Ros, nada en St. Joseph, Missouri, o 29 de novembro de 1876 e finada en Washington o 19 de decembro de 1977, foi unha política e alta funcionaria estadounidense, a 14ª gobernadora do Estado de Wyoming e a 28ª directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos. Foi a primeira gobernadora dun Estado na historia dos Estados Unidos e a única de Wyoming.
Nellie Tayloe Ross Gobernadora de Wyoming (1925-1927) Directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos (1933-1953) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Nellie Davis Tayloe 29 de novembro de 1876 St. Joseph. Missouri. |
Morte | 19 de decembro de 1977 Washington, D.C. |
Lugar de sepultura | Lakeview Cemetery (en) |
28ª Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos | |
3 de maio de 1933 – abril de 1953 ← Robert J. Grant – William H. Brett → | |
14ª Governador do Wyoming (pt) | |
5 de xaneiro de 1925 – 3 de xaneiro de 1927 ← Frank Lucas (Wyoming politician) (pt) – Frank Emerson (pt) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Relixión | Igrexa Anglicana |
Actividade | |
Ocupación | Política e alta funcionaria. |
Partido político | Partido Demócrata |
Familia | |
Cónxuxe | William B. Ross |
Fillos | George Tayloe Ross (en) |
Ross viviu en Missouri e en Kansas ata os seus dezaseis anos, cando se trasladou a Omaha, Nebrasca, onde estudou nunha escola de formación de profesores. Durante unha visita a uns familiares en Tennessee en 1900, coñeceu o avogado William Bradford Ros, con quen casou en 1902, e ambos pasaron a residir en Cheyenne, onde tiveron catro fillos.
William Ross converteuse en líder do Partido Demócrata do Estado e en 1922 foi elixido gobernador. Logo do falecemento de William en outubro de 1924, Nellie decidiu concorrer para o substituír e acabou sendo elixida tamén como gobernadora, cargo no que continuou as políticas progresistas de seu marido.
No seu intento de reelección de 1926 foi derrotada, mais permaneceu activa no Partido Demócrata. En 1933 foi nomeada polo presidente Franklin D. Roosevelt como directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos, cargo que ocupou durante catro mandatos, entre 1933 e 1953. Durante os anos posteriores, publicou colaboracións en varias revistas femininas, viaxou e mantivo unha vida social activa, ata o seu falecemento aos 101 anos