Kansas
estado dos Estados Unidos de América / From Wikipedia, the free encyclopedia
Kansas é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na rexión Medio Oeste (Midwest) do país. O centro xeográfico dos 48 Estados Unidos continentais -é dicir, sen Alasca e Hawai- está localizado na rexión norte de Kansas, no condado de Smith. O centro xeodésico de América do Norte localízase tamén en Kansas, no condado de Osborne. Este centro utilízase como punto de referencia para todos os mapas feitos polo goberno dos Estados Unidos.
State of Kansas (en) | |||||
Himno | Home on the Range (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Per aspera ad astra (en) » | ||||
Símbolo oficial | Sturnella neglecta (pt) (aves) | ||||
Alcume | The Sunflower State | ||||
Nomeado en referencia a | Rio Kansas (pt) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Capital | Topeka | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.937.880 (2020) (13,79 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 1.141.985 (2020) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 213.100 km² | ||||
Auga | 0,63 % | ||||
Bañado por | Río Arkansas e Rio Kansas (pt) | ||||
Altitude | 600 m | ||||
Punto máis alto | Mount Sunflower (pt) (1.231,1 m) | ||||
Punto máis baixo | Verdigris (pt) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 29 de xaneiro de 1861 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of Kansas (en) | ||||
• Governor of Kansas (en) | Laura Kelly (2019–sen valor) | ||||
Órgano lexislativo | Kansas Legislature (en) , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Kansas Supreme Court (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | US-KS | ||||
Identificador GNIS | 481813 | ||||
Páxina web | kansas.gov |
Limita ao norte co estado de Nebraska, ao oeste con Colorado, ao sur con Oklahoma e ao leste con Missouri.
Kansas é un dos líderes nacionais da industria agropecuaria. O estado é o maior produtor de trigo do país, o que fai que sexa coñecido como Wheat State (Estado do Trigo) e Breadbasket of America (Panera de América, ou Celeiro de América). Kansas posúe tamén un dos maiores rabaños de gando bovino do país. A agricultura e a gandería foron durante gran parte da historia de Kansas a súa principal fonte de renda. Dodge City é considerada por moitos como a "Capital Mundial dos Cowboys". Kansas tamén posúe unha forte industria mineira, e é un líder nacional na produción de petróleo e gas natural. Actualmente, as principais fontes de renda do estado son o comercio e a industria.
Durante a década de 1850, coa Lei de Kansas-Nebraska, gran número de abolicionistas e defensores do traballo escravo instaláronse en Kansas. Moitos enfrontamentos entre milicias abolicionistas e escravistas sucedéronse en Kansas, así como no estado veciño de Missouri (onde o traballo escravo estaba permitido). Estes conflitos eran tan violentos que Kansas recibiu o alcumo de Bleeding Kansas (Kansas Sangrante) na década de 1850. Outro apelativo de Kansas, que posúe as súas orixes neste conflito, é Jayhawker State. Jayhawker é como se coñece un acto común dos abolicionistas, de invadir granxas escravistas en Missouri, saquear facendas e liberar escravos. O 29 de xaneiro de 1861, Kansas converteuse no 34º estado estadounidense.
O alcume máis coñecido de Kansas é The Sunflower State (O Estado Xirasol). Os xirasois cobren boa parte das extensas chairas do estado. O nome Kansas posúe a súa orixe na tribo amerindia kansa, que vivían na rexión ata o século XVIII. Kansa significa "pobo dos ventos do sur".