Narcosubmarino
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un narcosubmarino é un tipo de embarcación autopropulsada oceánica, tipicamente semisomerxible (ás veces totalmente somerxible) construída con fins contrabandistas.[1][2][3]
Os submarinos máis novos son case totalmente somerxibles e son difíciles de detectar visualmente, por medio de radar, sonar ou infravermellos.[4] As cargas soen ser de varias toneladas. En 2015, a maior carga coñecida de 7'7 toneladas foi incautada nun semisomerxible.[5]
Co tempo foron capaces de cruzar o Atlántico, ampliaron os seus círculos operativos, e o seu número está crecendo.[6] Segundo Orlando Grisales, xefe de operacións navais de Colombia, cada ano parten dous ou tres narcosubmarinos con destino Galiza ou España.[7]
Laureano Oubiña, afirmou que os narcosubmarinos foron empregados para transportar droga nas costas europeas desde a década de 1990,[8] cando uns militares ex-soviéticos discrepantes con Vladimir Putin lle ofreceron as embarcacións aos narcotraficantes.[9] Segundo el, entre os arquipélagos de Azores e Canarias hai un cemiterio de narcosubmarinos.[10]