Nacionalismo asturiano
From Wikipedia, the free encyclopedia
O nacionalismo asturiano é un movemento político e social que defende o recoñecemento de Asturias como unha nación, a procura dun maior autogoberno e o dereito á súa integridade e unidade territorial histórica. Ademais, defende a cultura asturiana, especialmente a lingua asturiana. Esta corrente está inserida nun movemento chamado "asturianismo político", no que tamén está incluído o "rexionalismo asturiano".
O xurdimento do asturianismo na Transición política á democracia ten as súas orixes no Conceyu Bable, e co primeiro partido político nacionalista da historia, que foi Conceyu Nacionalista Astur en 1977. En Asturias, malia non ser un fenómeno tan destacado como nos casos de Galicia, Cataluña ou o País Vasco, o nacionalismo déixase notar na política asturiana, aínda que máis a un nivel de movemento social que de elemento cunha clara representación institucional.
Malia este menor arraigamento do nacionalismo, Asturias ten vivido varias etapas de soberanía política como a declaración de soberanía da Xunta Xeral do Principado de Asturias de 1808, e o Consello Soberano de Asturias e León de 1937.[1]